Ben… unha vez asentado e agora que podo contar cunha conexión a internet, debía aproveitar para contarvos un pouco de que vai isto.
O Fondo Galego de Cooperación oferta neste ano 2.009 por cuarto ano o programa “Vacacións con Traballo”, no que se ofertaron catro prazas para persoal das administracións locais, concellos e deputacións, que forman parte do Fondo. A xestión das actividades do Fondo fainas o IGADI, http://www.igadi.org/, institución que ven traballando desde os anos 90 en traballos de cooperación internacional. No programa de vacacións con traballo as catro persoas seleccionadas pasan o seu mes de vacacións desenvolvendo labores de cooperación en países do Sur cos que ven colaborando desde fai algúns anos desde o Fondo.
Este ano desenvólvense traballos de cooperación en colaboración con institucións de Cabo Verde, Nicaragua, Perú e Cuba.Desde Cuba a Oficina do Conservador de Santiago de Cuba solicitou a presenza dun arquitecto como cooperante… e aquí estou eu!
Eu desde aquí, só pretendo dar a coñecer iniciativas tan interesantes como esta … e sobre todo intentar que se coñeza e valore nos propios concellos membros do Fondo, a importancia que ten o labor de cooperación, e sobre todo de concienciación social, porque sempre podemos facer algo máis, para que a xente poda mellorar as súas condicións de vida.
Hoxe xa podo mostrar as vistas da cidade e da baía de Santiago desde a Oficina do Conservador, mais adiante ireivos contando as miñas experiencias como cooperante, e tamén, o dia a dia da miña vida cotiá coma un SANTIAGUERO mais!
Estou acabando de escribir e esto volve a temblar... o de onte foi de intensidade 5 auns 100 kms de aqui... pero non houbo danos e o de agora foi menos intenso.
Saudos e a ver si mañan podo subir algunhas fotos...

Vexo que a cousa vai ben, meu irmán. Na miña experiencia de cooperación no Salvador tamén tiven 3 terremotos. E unha experiencia mais. Unha apreta desde as Canarias.
ResponderEliminarPedro