viernes, 20 de noviembre de 2009
Aqui sigo ... bien y con mucho trabajo y lios de charlas
lunes, 16 de noviembre de 2009
MIA CUBA...exposición de fotografia
As seis inaugurose na Alianza Francesa a Exposición de fotografia MIA CUBA de René Silveira fotografo da Oficina do Conservador, ao cal sempre veredes ca camara nas mans
Coma se dixo na presentación detrás do blanco e negro está a cor do pais, a luz de Cuba e tamén as suas sombras...
"Está o pais retratado cunha mirada orixinal e oportuna, refrexa os habitantes dunha Cuba comprexa, profunda e singularmente maravillosa"
E unha exposición na que se retrata desde a mirada limpa dos nenos... á sabia introspección dos ancianos...
E tamén aquí acabanse compartindo uns tragos...
Deixovos unha foto de Cristine, a directora da Alianza, Omar "O Conservador" e René Silveira por este orden empezando pola dereita...
E xa vos contarei a miña visita do sábado aos xardíns da Alianza Francesa, onde foi a "Peña" de Trovangelus, onde se reuniron gran cantidade de musicos
Saudos
Chega unha nova fin de semán... a descansar?
Ben, aquí mañán e dia de traballo con cambio de labor, co cal eu, só espero andar de paseo polas obras que ten en marcha a Oficina….
Hoxe despois dun día chuvioso tipo Compostela, xa saíu o sol e xa podo dicir que case rematamos o proxecto de Los Maceo, do cal hai que xustificar a inversión este ano… e que xa me estaba liando un pouco….
Para a semán… centrareime xa moito máis no Proxecto da Casa do Santiaguero, no cal estamos avanzando moi ben… que é un proxecto moi interesante que xa vos contarei…
E tamén seguiremos ca detección de areas, que deberan ser “cuadras” próximas as traballadas na primeira fase, nas cales teñamos vivendas con problemas de habitabilidade dentro de edificacións catalogadas polo Plan Mestre, que podan ser susceptibles de ampliar o Proxecto de mellora da Habitabilidade que agora rematamos…
Saudos… marcho para una inauguración de fotografía… e supoño que caerán algúns “cocteles”…
Saudos
viernes, 13 de noviembre de 2009
As moedas do pais
Ben en Cuba desde fai algúns anos, teñen dúas moedas oficiais e son as dúas únicas que se usan, o Peso Cubano, ou sexa a moeda nacional na que habitualmente cobran os traballadores, e os Pesos Convertibles, tamén chamados en abreviatura C.U.C., ou… dito en cubano… seuse. Non se vos ocurra traer dolares… poñenlle un recargo do 20%
Polo tanto atoparemos servizos, restaurantes e tendas, que poden ser en Moneda Nacional e outros serán en Divisas (CUC). Normalmente un turista que pasa en Cuba uns días non soe ter moito contacto ca moeda nacional e só ten CUC, porque se move por sitios para turistas nos que se move esa moeda.
O que notei este ano é un cambio radical na cantidade de tendas,locais e restaurantes, nos que se pode mercar, e ademais hai abastecemento de produto, non coma outras épocas…
Par a min resultou sorprendente a gran cantidade de restaurantes e cremarías que teñen aberto nos dous últimos anos e sobre todo a súa calidade... polo que eu hoxe aseguraría que se come moito mellor nun restaurante bón de Moeda Nacional que nun normal de Divisas…
Ben enredeime ca calidade e o que non expliquei e o custe en relación co Euro. Hoxe por 10 euros dante aprox. 13,5 CUC,( o seu valor movese en relación ao dólar), e por cada CUC cambiante 24 Pesos Cubanos.
Volvendo aos restaurantes, poderiamos dicir que comes ben, con viño ou cervexa, por uns 50 ou 75 Pesos Cubanos, e por uns 10 ou 12 CUC,con similar calidade, como catro ou cinco veces mais…
O que sigue, e a limitación de que en certos locais, so se paga en divisas, e iso fai que a moitos cubanos ir a eles lles supón prestixio ou a sensación de ter mellor calidade de vida… e ademais, certos servizos como telefonía móbil,roupa, algún tipo de alimentación ou electrodomésticos só se mercan en divisas.
E o que tamén e bastante lio, e andar cunha moeda en cada peto do pantalón…
sempre te lias… aínda que eu maioritariamente uso moeda nacional…
E ben… duas preguntas...
Outro dia seguimos…
miércoles, 11 de noviembre de 2009
O sabado tocou charla...entre compañeiros veteranos
Perdoade polo retraso en subir noticias pero levo uns días de moito traballo para axudarlles a pechar dentro dos prazos, o programa que se desenvolve actualmente de Mellora da Habitabilidade en 78 vivendas no area de Los Maceo no Centro Histórico de Santiago de Cuba.
O proxecto contempla as obras de mellora da habitabilidade das vivendas, consistentes basicamente en conseguir a protección fronte a chuvia, e na mellora das instalacións eléctricas e hidrosanitarias, ca mellora de baños, cociñas, e a conexión as infraestruturas.
O programa dota de recursos, materiais de construción, a os propietarios, e logo son os propietarios os que fan a obra. Isto fai que as obras totalmente rematadas sexan poucas polo de agora, e hai obras nas cales aínda se están comprando os recursos, pero están tendo moitos problemas para comprar a madeira para a cuberta nas obras que faltan.
Hai que ter en conta que a maioría das vivendas están catalogadas e deben usarse os materiais e as tipoloxías tradicionais, segundo o contemplado no Plan Maestro, sendo importante o labor de concienciar que unha vez aprobado o Plan Mestre e para cumprilo, sendo o mais rigorosos dentro do posible, nas obras a realizar.
O sábado pasado, véspera do Dia Mundial do Urbanismo, 8 de Novembro, din unha charla na oficina de Planificación Física de Santiago, falando das virtudes do Plan Maestro e do proxecto de cooperación actual.
A charla era o remate a unha xornada na que se presentaron diversos proxectos urbanos, e se entregaban as medallas aos arquitectos que levaban mais de 25 anos na UNAICC, co cal foi moi positivo a labor de difusión dentro do colectivo dos arquitectos da cidade, incluídos tamén os arquitectos pertencentes á Universidade.
Proximamente me teñen programadas outras dúas charlas públicas, buscando sobre todo que chegue a todos os arquitectos, incluídos os profesores e alumnos da Facultade de Construción, da importancia que ten para a cidade ter o Plan Maestro.
Ben, non me enrollo mais… pero iso sí… sempre que hai algún acto público da UNAICC, logo se queda compartindo…tomanse unhas cervexas e se come algo, co cal…
Eu encantado… como ademais non me gusta falar…
Déixovos unha foto dunha cuberta normal... e as da entrega de medallas e aproveito para presentarvos as miñas compañeiras de traballo do Plan Maestro.
viernes, 6 de noviembre de 2009
O Plan Maestro de Revitalización de Santiago de Cuba
Este Proxecto de Cooperación iniciado no 2002 ven de rematarse este ano 2009 ca aprobación definitiva do Plan Mestre e contou cunha financiación total por parte das tres administracións de 261.155 euros repartidos entre estes oito exercicios.
O Plan Mestre de Santiago de Cuba foi realizado en colaboración co mesmo equipo que redactou o Plan Especial de Protección do Centro Histórico de Santiago de Compostela, e parte dun mesmo concepto.
A necesidade de dotarse dunha boa ferramenta de coñecemento do existente, para saber como protexelo e sobre todo, como conseguir a revitalización dese Centro Histórico, cun asentamento de poboación con dotacións de vivendas e servizos aos residentes, evitando a tentación de deixalo todo en mans do turismo pola súa facilidade para conseguir unha rendabilidade a corto prazo, pero que mostrará a súa cara mais negativa ca terciarización e banalización da cidade e o seu patrimonio...
A aprobación do plan Mestre a súa vez posibilitará a declaración a curto prazo, estamos falando de solicitalo dentro de dous , da inclusión de Santiago de Cuba dentro da lista de Cidades Patrimonio da Humanidade.
Ben … ademais da consecución deste importante obxectivo, como foi a elaboración do Plan Mestre, o Fondo galego nestes momentos está executando un programa trianual desde o ano 2007 de Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do Centro Histórico de Santiago de Cuba, que nestes días absorbe case todo o meu tempo para chegar en tempo e forma ao seu remate… e que outro día vos contarei mais polo miudo…
Saudos…dun santiaguero
jueves, 5 de noviembre de 2009
Os amigos e a música... parte1... e as que virán
martes, 3 de noviembre de 2009
O sabado tocou "cambio de labor"
Na Oficina do Conservador esta semán o sábado tocou cambio de labor de tal forma que foron "traballar" a unha obra para axilizala e non consumir enerxia no lugar de traballo oficial...
lunes, 2 de noviembre de 2009
O reencontro cos amigos
O venres foi un dia emotivo con variados reencontros e recepcións.
Ese día, chegou dende la Habana, onde estivera toda a semán, Omar López, Director da Oficina do Conservador e vello amigo... ao cal ainda non tivera ocasión de ver.
Ademais, pola tarde programaron unha recepción oficial na UNAIC, Unión Nacional de Arquitectos e Ingenieros Civiles, que resultou moi cordial rodeado de vellos coñecidos...
Para o que non me coñeza, contar que eu son o Presidente da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago de Compostela e fai dous anos organizamos unha viaxe a Cuba desde a Delegación na que participamos uns 25 arquitectos.
Naquela viaxe, que iniciamos en Santiago de Cuba e na que tamén estivemos en Camagüey, Trinidad e La Habana, a acollida que tivemos en nos dous dias qe estivemos en Santiago foi tremendamente calurosa e intensa... e podo decir en nome de todos os que estivemos, que a recepción foi inmellorable, cunha combinación de visitas recepcións institucionais e... tamén compartindo os ratos de ocio...
que fixo qe pareceran moitos mais dias e que fixemos amigos para toda a vida...
Ben ao que iba... cando se enteraron na UNAIC da miña presencia organizaron unha recepción na que entre outros estaban Richard, presidente dos arquitectos, e Odalis, Maria Eugenia e Ilsa membros da xunta diretiva e que nos acompañaran naquela viaxe...
Foi moi emotivo recordar aqula viaxe e como se acordaban de todos os que alí estivemos compartindo a lama na subida a Gran Piedra e os mojitos no Tropicana... Recordos para todos!! e comentar que Pascual, arquitecto e investigador, está agora en España seguindo cos seus estudos para conseguir aplicacións do bambú na construcción.
Por desgracia aquel dia non fixen fotos... pero creo que a beleza da foto da cidade tomada desde o Hotel casa Granda sive de ilustración e xa poñeremos fotos mais adiante...
Dese encontro na Unaic saiu a organización dunhas conferencias sobre rehabilitación e como se poden aplicar as experiencias de Compostela aquí... e sobre todo,foi bonito ver como todolos venres organizan unha conferencia e despois fan un encontro cunhas cervezas polo medio para manter o contacto entre os compañeiros....
Ese mesmo dia ao rematar alí, fun a unha inauguración dunha exposición na UNIAC, institución que agrupa aos artistas... naque a cantidade de xente e o calor que pasei non me deu nin tempo a saber o que estaba vendo... pero si... a ver a cantidade de xente que se moviliza polas actividades culturais neste pais, ainda que non houbera nin bebida nin bocaditos...
Ben, xa vos contarei mais tarde como me foi o traballo o sábado...
Saudos
viernes, 30 de octubre de 2009
LA MAQUETA
Ainda que como aquí dín que volve atremer desde que estou eu aqui... ainda pode chegar ao longo do dia.
O que sinto e que estou tendo moitos problemas para subir as fotos... e o que vos quería contar hoxecreo que necesita foto!!
Ainda que estou traballando na Oficina do Conservador, o meu lugar natural e o local de "La Maqueta"... está situado a 100 metros da oficina e nese edificio está a oficina xestora do Plan Maestro ademais da MAQUETA...
A maqueta representa toda a Baia Santiaguera e ainda está construindose a parte de Santiago de Cuba que rodea o Centro Histórico. Ainda que está en construcción ocupa unha superficie de 22 m2 e está representado con todo detalle de forma que para achegarse a un area de proxecto a ferramenta máis util ademais da realidade é a propia maqueta...
Para ver a maqueta hai un percorrido elevado que permite observala desde aaltura sendo realmente espectacular...
Espero poder poñervos fotos mais tarde si son capaz de resolver os problemas técnicos co meu colega Angel. Para que a coñeza, e similar a que hai en La Habana, pero a verdade é que a mín... xa me parece moito máis bonita a de Santiago...
saudos
jueves, 29 de octubre de 2009
O fondo galego en santiago.
O Fondo Galego de Cooperación oferta neste ano 2.009 por cuarto ano o programa “Vacacións con Traballo”, no que se ofertaron catro prazas para persoal das administracións locais, concellos e deputacións, que forman parte do Fondo. A xestión das actividades do Fondo fainas o IGADI, http://www.igadi.org/, institución que ven traballando desde os anos 90 en traballos de cooperación internacional. No programa de vacacións con traballo as catro persoas seleccionadas pasan o seu mes de vacacións desenvolvendo labores de cooperación en países do Sur cos que ven colaborando desde fai algúns anos desde o Fondo.
Este ano desenvólvense traballos de cooperación en colaboración con institucións de Cabo Verde, Nicaragua, Perú e Cuba.Desde Cuba a Oficina do Conservador de Santiago de Cuba solicitou a presenza dun arquitecto como cooperante… e aquí estou eu!
Eu desde aquí, só pretendo dar a coñecer iniciativas tan interesantes como esta … e sobre todo intentar que se coñeza e valore nos propios concellos membros do Fondo, a importancia que ten o labor de cooperación, e sobre todo de concienciación social, porque sempre podemos facer algo máis, para que a xente poda mellorar as súas condicións de vida.
Hoxe xa podo mostrar as vistas da cidade e da baía de Santiago desde a Oficina do Conservador, mais adiante ireivos contando as miñas experiencias como cooperante, e tamén, o dia a dia da miña vida cotiá coma un SANTIAGUERO mais!
Estou acabando de escribir e esto volve a temblar... o de onte foi de intensidade 5 auns 100 kms de aqui... pero non houbo danos e o de agora foi menos intenso.
Saudos e a ver si mañan podo subir algunhas fotos...
miércoles, 28 de octubre de 2009
xa estou instalado!!!
dende santiago de Cuba!!!
xa estou casi instalado... por agora o ordenador con conexion a internet e prestado, o de Gertrudis, a subdirectora da Oficina do Conservador, e xa é casi hora de saida as cinco hora cubana que serán as once por ahí...
manhán, si todo vai ben traerei o portatil e xa poderei subir algunha foto e tamén contarvos a todos con algo mais de tempo cal será o meu traballo aquí e tamén que fai o fondo galego de Cooperación, que xa ventraballando aquí desde o ano 2003 co Plan maestro, Plan Especial de Protección da Cidade Histórica de santiago de Cuba.
estou aloxado nunha Villa no barrio de Vista Alegre, zona residencial tranquila, pero iso non impide que xa tomara onte o primeiro mojito...
esta manhan empecei a traballar as oito e as doce houbo un terremoto... pero dos de verdade de sair todos fora mortos de medo ainda que parece que non houbo danos materiais...
Ben manhán sigo...
domingo, 25 de octubre de 2009
Santiago nos agarda
A esta costa tan fermosa chegou Fidel, cinco siglos despois dos españois e agora estou eu pensando que farei o martes cando chegue...
Abro está ventá desde o Castelo do Morro, en Santiago... para tervos informados das miñas andanzas por esa terra tan fermosa e entre xente sempre acolledora...