viernes, 6 de noviembre de 2009

O Plan Maestro de Revitalización de Santiago de Cuba



En relación aos proxectos financiados polo Fondo Galego de Cooperación en Cuba hai que destacar sobre todo o Plan Maestro para a Revitalización do Centro Histórico de Santiago de Cuba iniciado no ano 2002 e que foi cofinanciado ademais de polo Fondo, pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta, ( a partir de 2004 Secretaría Xeral de relación coa UE e Cooperación Exterior) e polo Concello de Santiago de Compostela.


Este Proxecto de Cooperación iniciado no 2002 ven de rematarse este ano 2009 ca aprobación definitiva do Plan Mestre e contou cunha financiación total por parte das tres administracións de 261.155 euros repartidos entre estes oito exercicios.



O Plan Mestre de Santiago de Cuba foi realizado en colaboración co mesmo equipo que redactou o Plan Especial de Protección do Centro Histórico de Santiago de Compostela, e parte dun mesmo concepto.





A necesidade de dotarse dunha boa ferramenta de coñecemento do existente, para saber como protexelo e sobre todo, como conseguir a revitalización dese Centro Histórico, cun asentamento de poboación con dotacións de vivendas e servizos aos residentes, evitando a tentación de deixalo todo en mans do turismo pola súa facilidade para conseguir unha rendabilidade a corto prazo, pero que mostrará a súa cara mais negativa ca terciarización e banalización da cidade e o seu patrimonio...


E calquera das dúas cidades nos podería servir de exemplo acerca desta reflexión…
A aprobación do plan Mestre a súa vez posibilitará a declaración a curto prazo, estamos falando de solicitalo dentro de dous , da inclusión de Santiago de Cuba dentro da lista de Cidades Patrimonio da Humanidade.



Ben … ademais da consecución deste importante obxectivo, como foi a elaboración do Plan Mestre, o Fondo galego nestes momentos está executando un programa trianual desde o ano 2007 de Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do Centro Histórico de Santiago de Cuba, que nestes días absorbe case todo o meu tempo para chegar en tempo e forma ao seu remate… e que outro día vos contarei mais polo miudo…


Deixo algunhas fotos tomadas desde o meu lugar de traballo e como inicio unha vista do Parque Cespedes desde a terraza do Hotel Casa Granda...
E iso que busquei algunhas turísticas tipo Casa Da Trova, rua Heredia, Praza de Dolores...
e non tiña...
Vou ter que facer mais vida de turista...

Saudos…dun santiaguero

1 comentario:

  1. Así que ya eres una celebridad en la isla, será el carácter cubano que nunca pide demasiado a cambio de su afecto. Si tus limitacines ofimáticas te lo permiten podrías mostrarnos algún proyecto en marcha del programa trianual actual. Por otro lado para examinar tu coñecemento do medio te propongo que me digas el nombre del atleta de mi entrada. Fai todo o turísmo que poidas.

    Saludos desde A Coruña con temporal

    ResponderEliminar