jueves, 5 de noviembre de 2009

Os amigos e a música... parte1... e as que virán




O sabado despois dun dia de visita polo Cayo tocou unha noite cultural e musical...






Pola noite estiven na presentación dun libro de poesia... do cal non recordo o nome da autora... pero sí a poesia ... porque acabou lendo toda a obra...



Como introducción cantou Alejandro outro deses vellos coñecidos da miña estancia anterior cando asistiramos a un concerto do seu grupo Trovangelus... do cal falaremos outro dia... ou millor escoitaremos algo...



Realmente, a vida cultural nesta cidade fai que podas estar todo o dia ocupado, en contacto ca xente de aquí... cousa que teño que agradecerlle aos amigos, xente a que coñeces un día e que ao día seguinte son como vellos amigos... e pasan dous anos e seguen igual como si fixera dous dias que non os viras...



Esa noite seguimos ca noite musical acompañados duns musicos Haitianos que tocaban no Piano Bar... Onde se produxo un deses descubrimentos que non crees...


Antes da actuación dos haitianos actuaban... Los Kinin !!


Momento totalmente surrealista con cancións de musica española dos 60 e musica internacional... con dedicatorias....


E si soa Anduriña... a quen lla dedicaron?


E unha pena que as miñas dificultades ca técnica non me permitan subir un pequeno video...pero unha foto pode dar idea do inicio dunha festa....


que acabou ca actuación dos haitianos e toda a sala chea de cubanos e haitianos bailando ata altas horas...


e pensar que hoxe iba falar de traballo...


Ben, mañán vos conto como iniciamos unha dura semán de traballo...


Os pobres xa están cansos de mín, alterolles o seu ritmo de "traballo"...


Como si eu fora moi traballador...




1 comentario:

  1. Boas tardes desde Canarias. Vexo que o pasas de maravilla, e non abandoas a cultura. E bó, conciliar a cultura, as amistades, a diversión e o traballo. Supoño que ti eres capaz de facer todo iso sin problemas.
    O xoves foi o "cumple" de teu sobriño Pedro. Estiven en Madrid, xa que tiña unha xuntanza coa Secretaria Xeral de Emprego, mais tiven que voltar a Canarias o venres tiña que facer por aquí. Non o puden ver, mais si falei con el, e vaille moi ben polos madriles.
    E dilles as tuas amistades cubanas que non desesperen... traballas moito (ao menos e o que nos fas creer a moitos), pero non tes problemas en sustituir traballo por diversión.jejeje. Disfruta.
    Unha apreta.
    Pedro

    ResponderEliminar