miércoles, 11 de noviembre de 2009

O sabado tocou charla...entre compañeiros veteranos






Ola a todos so que seguides as miñas andanzas…



Perdoade polo retraso en subir noticias pero levo uns días de moito traballo para axudarlles a pechar dentro dos prazos, o programa que se desenvolve actualmente de Mellora da Habitabilidade en 78 vivendas no area de Los Maceo no Centro Histórico de Santiago de Cuba.




O proxecto contempla as obras de mellora da habitabilidade das vivendas, consistentes basicamente en conseguir a protección fronte a chuvia, e na mellora das instalacións eléctricas e hidrosanitarias, ca mellora de baños, cociñas, e a conexión as infraestruturas.




O programa dota de recursos, materiais de construción, a os propietarios, e logo son os propietarios os que fan a obra. Isto fai que as obras totalmente rematadas sexan poucas polo de agora, e hai obras nas cales aínda se están comprando os recursos, pero están tendo moitos problemas para comprar a madeira para a cuberta nas obras que faltan.




Hai que ter en conta que a maioría das vivendas están catalogadas e deben usarse os materiais e as tipoloxías tradicionais, segundo o contemplado no Plan Maestro, sendo importante o labor de concienciar que unha vez aprobado o Plan Mestre e para cumprilo, sendo o mais rigorosos dentro do posible, nas obras a realizar.








O sábado pasado, véspera do Dia Mundial do Urbanismo, 8 de Novembro, din unha charla na oficina de Planificación Física de Santiago, falando das virtudes do Plan Maestro e do proxecto de cooperación actual.




A charla era o remate a unha xornada na que se presentaron diversos proxectos urbanos, e se entregaban as medallas aos arquitectos que levaban mais de 25 anos na UNAICC, co cal foi moi positivo a labor de difusión dentro do colectivo dos arquitectos da cidade, incluídos tamén os arquitectos pertencentes á Universidade.




Proximamente me teñen programadas outras dúas charlas públicas, buscando sobre todo que chegue a todos os arquitectos, incluídos os profesores e alumnos da Facultade de Construción, da importancia que ten para a cidade ter o Plan Maestro.




Ben, non me enrollo mais… pero iso sí… sempre que hai algún acto público da UNAICC, logo se queda compartindo…tomanse unhas cervexas e se come algo, co cal…
Eu encantado… como ademais non me gusta falar…




Déixovos unha foto dunha cuberta normal... e as da entrega de medallas e aproveito para presentarvos as miñas compañeiras de traballo do Plan Maestro.

1 comentario: