O sabado tocou dia de traballo...
Normalmente traballase un sábados pola mañan e descansase o seguinte.
Na Oficina do Conservador esta semán o sábado tocou cambio de labor de tal forma que foron "traballar" a unha obra para axilizala e non consumir enerxia no lugar de traballo oficial...
Na Oficina do Conservador esta semán o sábado tocou cambio de labor de tal forma que foron "traballar" a unha obra para axilizala e non consumir enerxia no lugar de traballo oficial...
Duas das sociologas da Oficina, Marilin e Nancy como cambio de labor foron realizar unha actividade cos rapaces do Cayo Gramma e alí me mandaron a mín a facer unha actividade e de coñecemento do medio... e tamén recreativa.
E moi positivo ver o funcionamento da Oficina nesa labor de divulgación... ca importancia que ten que os cidadáns valoren o entorno construido no que viven, sendo esta illa de Cayo Gramma dun gran valor arquitectonico e paisaxistico polo que tamén está protexido polo Plan Maestro.
Esa labor de concienciación da poboación e fundamental para que as politicas de Conservación e Rehabilitación funcionen, pois sin a colaboración dos cidadans os resultados nunca serán os esperados... e empezar polos nenos ten ese doble obxectivo de conciencialos a eles dunha forma directa e indirectamente tamén aos pais, que posiblemente por esta via, lle fagan mais caso a proposta que si se lles da a charla directamente.
Deixovos unha foto da actividade, e na imaxe de inicio... vese un pouco a estructura palafítica das construccións que están construidas en madeira, directamente sobre o mar nesta illa que se atopa na entrada da Baia...
A illa é dunha gran beleza e hai algúns restaurantes nos que se pode comer bo peixe... o cal non é moi frecuente neste pais... ainda que iso vese recompensado pola sua beleza e a hospitalidade da sua xente
Saudos...
e deixovos unha foto feita cando xa me iba desde terra, ao atardecer ...
esperando o camión a Santiago... .
Ola jorge
ResponderEliminarqué apasionante o traballo!
gustaríame moito, moitísimo estar ahí
xa sabes os meus orixes de cienfuegos
saúda moi agarimosamente a omar e a súa familia
cos cales gardo unha especial relación.
sigue contándonos cousas e coidado cos terremotos!
moitos bicos, liana