viernes, 20 de noviembre de 2009

Aqui sigo ... bien y con mucho trabajo y lios de charlas

Bueno tengo esto un poco abandonado

Llevo unos dias ultimando los nuevos proyectos de Cooperación para el Fondo Galego, que espero llevar para hacer una presentación previa...


Y aprovechando que son mis últimos dias, se suceden cantidad de charlas, este miercoles fue en la UNAICC... y ante el aparente exito? me han invitado de nuevo a dar la misma charla para varios organismos de arquitectos...

con lo cual podemos decir que se va cumpliendo uno de mis objetivos fundamentales... La difusión de las experiencias de Rehabilitación en Compostela y su aplicación en Santiago de Cuba.

Esta tarde tengo una nueva jornada de conclusiones... por lo que ya seguiré en otro momento...
Os dejo una foto de la charla de hoy....

Y no os preocupeis que al final os contaré todo lo que pienso, aunque sea cuando vuelva a España... transporte, vivienda, música, la vida en general... en este maravilloso pais...

Todo visto con ojos de santiaguero...

lunes, 16 de noviembre de 2009

MIA CUBA...exposición de fotografia

Ola
Xa vin que ao final cortaron a conexion, antes de subir a entrada anterior...
Pero ben o fin de semán foi bon...
Como a Exposición de René


As seis inaugurose na Alianza Francesa a Exposición de fotografia MIA CUBA de René Silveira fotografo da Oficina do Conservador, ao cal sempre veredes ca camara nas mans




Coma se dixo na presentación detrás do blanco e negro está a cor do pais, a luz de Cuba e tamén as suas sombras...

"Está o pais retratado cunha mirada orixinal e oportuna, refrexa os habitantes dunha Cuba comprexa, profunda e singularmente maravillosa"

E unha exposición na que se retrata desde a mirada limpa dos nenos... á sabia introspección dos ancianos...

A verdade é que foi un acto moi bonito... no cal se proxectou tamén unha curtametarxe feita con fotografias de fai cincuenta anos...
A mín gustame ver coma certas entidades coma a Alianza Francesa ou algunha outra que se me ocurre en Santiago, se involucran ca cultura e abren as suas portas a todo aquel que ten algo que contar...

E tamén aquí acabanse compartindo uns tragos...

Deixovos unha foto de Cristine, a directora da Alianza, Omar "O Conservador" e René Silveira por este orden empezando pola dereita...

E xa vos contarei a miña visita do sábado aos xardíns da Alianza Francesa, onde foi a "Peña" de Trovangelus, onde se reuniron gran cantidade de musicos

Saudos

Chega unha nova fin de semán... a descansar?

Chegamos as cinco da tarde do venres e iso aquí e en calquera lugar, hora arriba ou hora abaixo supón que chega o fin de semán…

Ben, aquí mañán e dia de traballo con cambio de labor, co cal eu, só espero andar de paseo polas obras que ten en marcha a Oficina….


Hoxe despois dun día chuvioso tipo Compostela, xa saíu o sol e xa podo dicir que case rematamos o proxecto de Los Maceo, do cal hai que xustificar a inversión este ano… e que xa me estaba liando un pouco….


Para a semán… centrareime xa moito máis no Proxecto da Casa do Santiaguero, no cal estamos avanzando moi ben… que é un proxecto moi interesante que xa vos contarei…


E tamén seguiremos ca detección de areas, que deberan ser “cuadras” próximas as traballadas na primeira fase, nas cales teñamos vivendas con problemas de habitabilidade dentro de edificacións catalogadas polo Plan Mestre, que podan ser susceptibles de ampliar o Proxecto de mellora da Habitabilidade que agora rematamos…


Saudos… marcho para una inauguración de fotografía… e supoño que caerán algúns “cocteles”…
Saudos

viernes, 13 de noviembre de 2009

As moedas do pais



Ola


Eu hoxe empecei a falar da comida aquí en Cuba e de repente decateime de que ia ter que explicar antes algunhas cousas do custe das cousas en Cuba, e das dúas moedas que eu levo no bolsillo…




Ben en Cuba desde fai algúns anos, teñen dúas moedas oficiais e son as dúas únicas que se usan, o Peso Cubano, ou sexa a moeda nacional na que habitualmente cobran os traballadores, e os Pesos Convertibles, tamén chamados en abreviatura C.U.C., ou… dito en cubano… seuse. Non se vos ocurra traer dolares… poñenlle un recargo do 20%



Polo tanto atoparemos servizos, restaurantes e tendas, que poden ser en Moneda Nacional e outros serán en Divisas (CUC). Normalmente un turista que pasa en Cuba uns días non soe ter moito contacto ca moeda nacional e só ten CUC, porque se move por sitios para turistas nos que se move esa moeda.



Coma algúns poderedes saber, este é o meu terceiro viaxe a Cuba nos tres últimos anos.
O que notei este ano é un cambio radical na cantidade de tendas,locais e restaurantes, nos que se pode mercar, e ademais hai abastecemento de produto, non coma outras épocas…
Par a min resultou sorprendente a gran cantidade de restaurantes e cremarías que teñen aberto nos dous últimos anos e sobre todo a súa calidade... polo que eu hoxe aseguraría que se come moito mellor nun restaurante bón de Moeda Nacional que nun normal de Divisas…


Ben enredeime ca calidade e o que non expliquei e o custe en relación co Euro. Hoxe por 10 euros dante aprox. 13,5 CUC,( o seu valor movese en relación ao dólar), e por cada CUC cambiante 24 Pesos Cubanos.


Volvendo aos restaurantes, poderiamos dicir que comes ben, con viño ou cervexa, por uns 50 ou 75 Pesos Cubanos, e por uns 10 ou 12 CUC,con similar calidade, como catro ou cinco veces mais…
O que sigue, e a limitación de que en certos locais, so se paga en divisas, e iso fai que a moitos cubanos ir a eles lles supón prestixio ou a sensación de ter mellor calidade de vida… e ademais, certos servizos como telefonía móbil,roupa, algún tipo de alimentación ou electrodomésticos só se mercan en divisas.



E o que tamén e bastante lio, e andar cunha moeda en cada peto do pantalón…
sempre te lias… aínda que eu maioritariamente uso moeda nacional…


E ben… duas preguntas...

cal do dous billetes custa mais... e... en que moeda se paga naCasa da Trova?


Outro dia seguimos…

miércoles, 11 de noviembre de 2009

O sabado tocou charla...entre compañeiros veteranos






Ola a todos so que seguides as miñas andanzas…



Perdoade polo retraso en subir noticias pero levo uns días de moito traballo para axudarlles a pechar dentro dos prazos, o programa que se desenvolve actualmente de Mellora da Habitabilidade en 78 vivendas no area de Los Maceo no Centro Histórico de Santiago de Cuba.




O proxecto contempla as obras de mellora da habitabilidade das vivendas, consistentes basicamente en conseguir a protección fronte a chuvia, e na mellora das instalacións eléctricas e hidrosanitarias, ca mellora de baños, cociñas, e a conexión as infraestruturas.




O programa dota de recursos, materiais de construción, a os propietarios, e logo son os propietarios os que fan a obra. Isto fai que as obras totalmente rematadas sexan poucas polo de agora, e hai obras nas cales aínda se están comprando os recursos, pero están tendo moitos problemas para comprar a madeira para a cuberta nas obras que faltan.




Hai que ter en conta que a maioría das vivendas están catalogadas e deben usarse os materiais e as tipoloxías tradicionais, segundo o contemplado no Plan Maestro, sendo importante o labor de concienciar que unha vez aprobado o Plan Mestre e para cumprilo, sendo o mais rigorosos dentro do posible, nas obras a realizar.








O sábado pasado, véspera do Dia Mundial do Urbanismo, 8 de Novembro, din unha charla na oficina de Planificación Física de Santiago, falando das virtudes do Plan Maestro e do proxecto de cooperación actual.




A charla era o remate a unha xornada na que se presentaron diversos proxectos urbanos, e se entregaban as medallas aos arquitectos que levaban mais de 25 anos na UNAICC, co cal foi moi positivo a labor de difusión dentro do colectivo dos arquitectos da cidade, incluídos tamén os arquitectos pertencentes á Universidade.




Proximamente me teñen programadas outras dúas charlas públicas, buscando sobre todo que chegue a todos os arquitectos, incluídos os profesores e alumnos da Facultade de Construción, da importancia que ten para a cidade ter o Plan Maestro.




Ben, non me enrollo mais… pero iso sí… sempre que hai algún acto público da UNAICC, logo se queda compartindo…tomanse unhas cervexas e se come algo, co cal…
Eu encantado… como ademais non me gusta falar…




Déixovos unha foto dunha cuberta normal... e as da entrega de medallas e aproveito para presentarvos as miñas compañeiras de traballo do Plan Maestro.

viernes, 6 de noviembre de 2009

O Plan Maestro de Revitalización de Santiago de Cuba



En relación aos proxectos financiados polo Fondo Galego de Cooperación en Cuba hai que destacar sobre todo o Plan Maestro para a Revitalización do Centro Histórico de Santiago de Cuba iniciado no ano 2002 e que foi cofinanciado ademais de polo Fondo, pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta, ( a partir de 2004 Secretaría Xeral de relación coa UE e Cooperación Exterior) e polo Concello de Santiago de Compostela.


Este Proxecto de Cooperación iniciado no 2002 ven de rematarse este ano 2009 ca aprobación definitiva do Plan Mestre e contou cunha financiación total por parte das tres administracións de 261.155 euros repartidos entre estes oito exercicios.



O Plan Mestre de Santiago de Cuba foi realizado en colaboración co mesmo equipo que redactou o Plan Especial de Protección do Centro Histórico de Santiago de Compostela, e parte dun mesmo concepto.





A necesidade de dotarse dunha boa ferramenta de coñecemento do existente, para saber como protexelo e sobre todo, como conseguir a revitalización dese Centro Histórico, cun asentamento de poboación con dotacións de vivendas e servizos aos residentes, evitando a tentación de deixalo todo en mans do turismo pola súa facilidade para conseguir unha rendabilidade a corto prazo, pero que mostrará a súa cara mais negativa ca terciarización e banalización da cidade e o seu patrimonio...


E calquera das dúas cidades nos podería servir de exemplo acerca desta reflexión…
A aprobación do plan Mestre a súa vez posibilitará a declaración a curto prazo, estamos falando de solicitalo dentro de dous , da inclusión de Santiago de Cuba dentro da lista de Cidades Patrimonio da Humanidade.



Ben … ademais da consecución deste importante obxectivo, como foi a elaboración do Plan Mestre, o Fondo galego nestes momentos está executando un programa trianual desde o ano 2007 de Mellora das condicións de habitabilidade das vivendas do Centro Histórico de Santiago de Cuba, que nestes días absorbe case todo o meu tempo para chegar en tempo e forma ao seu remate… e que outro día vos contarei mais polo miudo…


Deixo algunhas fotos tomadas desde o meu lugar de traballo e como inicio unha vista do Parque Cespedes desde a terraza do Hotel Casa Granda...
E iso que busquei algunhas turísticas tipo Casa Da Trova, rua Heredia, Praza de Dolores...
e non tiña...
Vou ter que facer mais vida de turista...

Saudos…dun santiaguero

jueves, 5 de noviembre de 2009

Os amigos e a música... parte1... e as que virán




O sabado despois dun dia de visita polo Cayo tocou unha noite cultural e musical...






Pola noite estiven na presentación dun libro de poesia... do cal non recordo o nome da autora... pero sí a poesia ... porque acabou lendo toda a obra...



Como introducción cantou Alejandro outro deses vellos coñecidos da miña estancia anterior cando asistiramos a un concerto do seu grupo Trovangelus... do cal falaremos outro dia... ou millor escoitaremos algo...



Realmente, a vida cultural nesta cidade fai que podas estar todo o dia ocupado, en contacto ca xente de aquí... cousa que teño que agradecerlle aos amigos, xente a que coñeces un día e que ao día seguinte son como vellos amigos... e pasan dous anos e seguen igual como si fixera dous dias que non os viras...



Esa noite seguimos ca noite musical acompañados duns musicos Haitianos que tocaban no Piano Bar... Onde se produxo un deses descubrimentos que non crees...


Antes da actuación dos haitianos actuaban... Los Kinin !!


Momento totalmente surrealista con cancións de musica española dos 60 e musica internacional... con dedicatorias....


E si soa Anduriña... a quen lla dedicaron?


E unha pena que as miñas dificultades ca técnica non me permitan subir un pequeno video...pero unha foto pode dar idea do inicio dunha festa....


que acabou ca actuación dos haitianos e toda a sala chea de cubanos e haitianos bailando ata altas horas...


e pensar que hoxe iba falar de traballo...


Ben, mañán vos conto como iniciamos unha dura semán de traballo...


Os pobres xa están cansos de mín, alterolles o seu ritmo de "traballo"...


Como si eu fora moi traballador...




martes, 3 de noviembre de 2009

O sabado tocou "cambio de labor"






O sabado tocou dia de traballo...
Normalmente traballase un sábados pola mañan e descansase o seguinte.

Na Oficina do Conservador esta semán o sábado tocou cambio de labor de tal forma que foron "traballar" a unha obra para axilizala e non consumir enerxia no lugar de traballo oficial...
Duas das sociologas da Oficina, Marilin e Nancy como cambio de labor foron realizar unha actividade cos rapaces do Cayo Gramma e alí me mandaron a mín a facer unha actividade e de coñecemento do medio... e tamén recreativa.

E moi positivo ver o funcionamento da Oficina nesa labor de divulgación... ca importancia que ten que os cidadáns valoren o entorno construido no que viven, sendo esta illa de Cayo Gramma dun gran valor arquitectonico e paisaxistico polo que tamén está protexido polo Plan Maestro.


Esa labor de concienciación da poboación e fundamental para que as politicas de Conservación e Rehabilitación funcionen, pois sin a colaboración dos cidadans os resultados nunca serán os esperados... e empezar polos nenos ten ese doble obxectivo de conciencialos a eles dunha forma directa e indirectamente tamén aos pais, que posiblemente por esta via, lle fagan mais caso a proposta que si se lles da a charla directamente.


Deixovos unha foto da actividade, e na imaxe de inicio... vese un pouco a estructura palafítica das construccións que están construidas en madeira, directamente sobre o mar nesta illa que se atopa na entrada da Baia...


A illa é dunha gran beleza e hai algúns restaurantes nos que se pode comer bo peixe... o cal non é moi frecuente neste pais... ainda que iso vese recompensado pola sua beleza e a hospitalidade da sua xente
Saudos...
e deixovos unha foto feita cando xa me iba desde terra, ao atardecer ...
esperando o camión a Santiago... .

lunes, 2 de noviembre de 2009

O reencontro cos amigos


Ola de novo, despois dun longo fin de semán no que houbo de todo...

O venres foi un dia emotivo con variados reencontros e recepcións.

Ese día, chegou dende la Habana, onde estivera toda a semán, Omar López, Director da Oficina do Conservador e vello amigo... ao cal ainda non tivera ocasión de ver.

Ademais, pola tarde programaron unha recepción oficial na UNAIC, Unión Nacional de Arquitectos e Ingenieros Civiles, que resultou moi cordial rodeado de vellos coñecidos...

Para o que non me coñeza, contar que eu son o Presidente da Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago de Compostela e fai dous anos organizamos unha viaxe a Cuba desde a Delegación na que participamos uns 25 arquitectos.

Naquela viaxe, que iniciamos en Santiago de Cuba e na que tamén estivemos en Camagüey, Trinidad e La Habana, a acollida que tivemos en nos dous dias qe estivemos en Santiago foi tremendamente calurosa e intensa... e podo decir en nome de todos os que estivemos, que a recepción foi inmellorable, cunha combinación de visitas recepcións institucionais e... tamén compartindo os ratos de ocio...
que fixo qe pareceran moitos mais dias e que fixemos amigos para toda a vida...

Ben ao que iba... cando se enteraron na UNAIC da miña presencia organizaron unha recepción na que entre outros estaban Richard, presidente dos arquitectos, e Odalis, Maria Eugenia e Ilsa membros da xunta diretiva e que nos acompañaran naquela viaxe...

Foi moi emotivo recordar aqula viaxe e como se acordaban de todos os que alí estivemos compartindo a lama na subida a Gran Piedra e os mojitos no Tropicana... Recordos para todos!! e comentar que Pascual, arquitecto e investigador, está agora en España seguindo cos seus estudos para conseguir aplicacións do bambú na construcción.

Por desgracia aquel dia non fixen fotos... pero creo que a beleza da foto da cidade tomada desde o Hotel casa Granda sive de ilustración e xa poñeremos fotos mais adiante...

Dese encontro na Unaic saiu a organización dunhas conferencias sobre rehabilitación e como se poden aplicar as experiencias de Compostela aquí... e sobre todo,foi bonito ver como todolos venres organizan unha conferencia e despois fan un encontro cunhas cervezas polo medio para manter o contacto entre os compañeiros....

Ese mesmo dia ao rematar alí, fun a unha inauguración dunha exposición na UNIAC, institución que agrupa aos artistas... naque a cantidade de xente e o calor que pasei non me deu nin tempo a saber o que estaba vendo... pero si... a ver a cantidade de xente que se moviliza polas actividades culturais neste pais, ainda que non houbera nin bebida nin bocaditos...

Ben, xa vos contarei mais tarde como me foi o traballo o sábado...

Saudos